Secuencia del documental Volta dos Nove

Neste mes de outubro cúmprense  80 anos do asasinato dos veciños de Sabarís  Ventura Pérez, Dolores Samuelle Álvarez e os irmáns Luís e José López Luís, “Os Ineses”, en mans da represión franquista na mañá do 13 de outubro de 1936. Cúmprese tamén un novo cabodano da execución de nove mariñeiros do Val Miñor acaecida días despois, na madrugada do 16 de outubro , no lugar de Baiona que agora os lembra, A Volta dos Nove.

En honor á memoria destes veciños e veciñas da bisbarra, o Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) convoca a unha serie de homenaxes que terán lugar este sábado 15 de outubro, e que contarán coas intervencións de  Montse Fajardo Pérez, María Xosé González Chamorro e Cristina Fernández Ameal, e as actuacións instrumentais de David Arroyos Juan no fagot e Margarida Mariño Suárez no violonchelo.

O punto de encontro será ás 11:45 horas no aparcamento da rotonda do cámping da Ladeira.

Programa:

  • Ás 12:00 h  visita á casa onde se agocharon os “Ineses” Luís e José López Luís .
  • Ás 12:30 h  visita ó cemiterio de Sabarís.
  • Ás 13:00 h  ofrenda floral no monumento á memoria dos Nove, obra do artista Fernando Casás .