Telemariñas

Dende o Instituto de Estudos Miñoráns informan da próxima asemblea xeral de socios/as do IEM que terá lugar este próximo martes, 25 de outubro, na aula de cultura ponte de Rosas en Gondomar.

A Xunta Xeral de Socios/as do IEM quere ser algo máis ca unha xuntanza anual obrigada polos nosos estatutos. A Xunta Directiva quere non só dar conta das súas actividades e presentar o estado de contas deste Instituto de Estudos Miñoráns.

Creen en todos nós que é unha obriga achegarnos todos os socios/as para agradecer todo tipo de colaboración que fai posible as distintas creacións culturais deste instituto.

Teñen a esperanza de que destes encontros xurdan novas posibilidades que poidan suplir as deficiencias que as crises económicas ocasionaron nos últimos anos.
Se coñecen a eles mesmos e a súa historia será o mellor instrumento para planificar unha vida colectiva, presidida pola alegría de compartir o patrimonio natural e cultural do Val de Miñor.

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL 2016

Convócase aos socios/as da Asemblea Xeral da asociación Instituto de Estudos Miñoráns con CIF: G-36867471 á reunión que se celebrará no lugar, data e hora abaixo indicados, segundo a orde do día que se especifica.

Tipo reunión: Asamblea Xeral

Data da reunión: 25 de outibro

Hora da sesión:1ª convocatoria: 19:30 horas

Hora da sesión: 2ª convocatoria: 20:00 horas

Lugar:

“Aula de cultura ponte de rosas” sede do IEM

Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar

ORDE DO DÍA:

  • Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior, correspondente ao 23 de outubro de 2015 (AnexoI).
  • Aprobación dos novos Estatutos do IEM.
  •  Presentación da Memoria de Actividades 2015-2016 da Asociación (Anexo III).
  • Aprobación, se procede, das Contas Anuais 2016 da Asociación (Anexo IV).
  • Informe actualizado do número  de socios/as e altas no ano 2016.
  • Informe actualizado sobre as diferentes convocatorias de axudas solicitadas aos distintos organismos institucionais.
  • Previsión das actividades para o ano 2017.
  • Rogos e preguntas.