Dende o IEM presentan o «III Concurso Fotográfico IEM. Camiños do Val de Miñor e do Baixo Miño».

Poderán concorrer a este concurso as persoas afeccionadas á fotografía, maiores de idade, sempre que os seus traballos se axusten ás bases do mesmo.

Establécese unha categoría avaliada polo xurado e outra  avaliada na rede social Facebook polo público que o desexe.

As fotografías presentaranse en formato dixital en tamaño 30×45 cms (300 píxeles por polgada). Non se admiten fotografías de menos de 6 mp. Imprescindible que o arquivo enviado sexa en alta resolución.

Premios e exposición

  • Premio Xurado: 250 € + revelado en 40×60 + publicación na REM
  • Premio Público: 150 € + revelado en 40×60 + publicación na REM
  • 2 accésit Xurado: Revelado 30×45 + publicación na REM
  • 2 accésit Público: Revelado 30×45 + publicación na REM
  • 14 Finalistas: Publicaranse as súas fotografías na exposición  e na revista REM
  • Prazo para presentación de fotografías: 18 de setembro ó 17 de novembro.

Consulta as bases e máis información clicando en IEM.