A especialidade de promoción turística do Obradoiro de Emprego Valmiemprega III, realizou unha Charla Formativa cos escolares do CEIP Serra Vincios.
As actividades estaban pensadas segundo as franxas de idades e comezoron cos pequenos de 1º e 2º de primaria, despois cos de 3º e 4º, para finalizar cos maiores de 5º e 6º, participando nas actividades un total de 121 escolares.
Todas as actividades tiñan en común unha pequena charla con proxección de diapositivas onde se fixo un percorrido polo Valmiñor, achegándolles información sobre a situación xeográfica e parroquias de cada un dos concellos e os espazos naturais, como a Foz do Miñor e as Serras da Groba e do Galiñeiro, etc.
Outro dos bloques de contidos era sobre o patrimonio histórico – artístico onde coñeceron entre outros elementos a Fortaleza de Monterreal, os pazos, as pontes e outras curiosidades. Tamén coñeceron as diferentes actividades que se poden realizar, como as rutas de sendeirismo, os paseos fluviais, os paseos marítimos ou as actividades naúticas entre outras. Finalizaron as charlas cos eventos e festas de maior importancia como a Arribada, a Romería de San Bieito ou o San Xoán de Panxón, e a gastronomía e festas relacionadas con ela.
As presentacións remataron cuns xogos didácticos consistentes en identificar imáxes de recursos onde se fixeron equipos e os cativos disfrutaron moito identificando cada un dos elementos que se viron con anterioridade. Os rapaces de maior idade xogaron ao Rosco de Valmiñor, onde se lles fixo preguntas correspondentes ao visto na xornada, tamén realizado por equipos. Os xogos foron elaborados polo equipo de Valmiemprega III.