La Marcha Mundial das Mulleres da Louriña ha emitido un comunicado «en contra da presunta agresión a unha muller nas festas de San Campio en Pontellas, O Porriño».
Comunicado:
«Onte, martes 18 de xullo, erguémonos coa peor noticia posible nun contexto de festas: un grupo de homes, presuntamente, agrediu unha moza na festa de San Campio en Pontellas, O Porriño.
Esta mañá do mércores, finalmente, os medios fixéronse eco dos feitos, pero ou aparecen xulgando a forma de actuar da vítima ou mudan a data dos feitos para que non se cuestione que as festas seguisen. Houbo unha clara tentativa de silenciamento a pesar da gravidade dos feitos.
A Marcha Mundial das Mulleres da Louriña quere mostrarlle o seu apoio á vítima: nada do que fixeses ti ou calquera muller xustifica que un home ou grupo de homes nos violenten. O inxustificable é a violencia e a agresión.
Vivimos nuns momentos en que se volve cuestionar a violencia de xénero sistémica que as mulleres padecemos polo simple feito de sermos mulleres. Non podemos quedar impasibles ante isto.
Un lecer baseado na inxesta de alcol e en espectáculos que cousifican as mulleres non axudan. Unha comisión de festas que nin se pronuncia ante uns feitos tan graves, tampouco. Un concello en silencio ante a alarma que xerou entre a veciñanza, menos.
É necesario que o concello habilite puntos lilas de referencia para as mozas nestes macroencontros, porque, por se quedaban dúbidas, non son seguros. Agora é a vez de que as forzas de seguridade e a xustiza actúen.
Sexa como for, a loita feminista continúa e hoxe toma pleno sentido o berro de que «se tocan a unha, tócannos a todas».
