ALFREDO

O Concello do Rosal porá en marcha este luns as clases de preparación para a proba de obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) para maiores de 18 anos nas convocatorias de maio e setembro de 2019. 

As clases serán de luns a venres, para os que teñan os tres módulos, de 17.00 a 19.00 horas, ou nun segundo turno de 19.30 a 21.30 horas, (os horarios poderán sufrir leves variacións como consecuencia de situacións concretas).

Os alumnos con 2 módulos terán tres días de clase e os que teñan un único módulo terán un día de clase. O Concello do Rosal asumirá o 50% do custo mensual das clases.