Iria Misa

Iría Misa e Manuel Esteban estarán o domingo 21 ás 12:00 horas en Baiona para celebrar o Día das Letras Galegas na praza do Concello.

Ademais de moita música e xogos para os nenos, todas aquelas persoas que se acheguen ao lugar poderán gozar dun acto con estes dous escritores, ambos manterán unha charla sobre o proceso creativo e sobre as súas obras.

Ao finalizar, entorno ás 13:00 horas, entregarán os premios do concurso de debuxo que o Asociación Centro Cultural e Social de Baíña e o colexio de Fontes organizaron para conmemorar a efeméride das Letras Galegas.

Amenizarán o acto as actuacións de Ardelume, Airiños da Fervenza, Pandereteiras da Atlántida e Samuel Soto ca súa nova canción sobre as Letras Galegas.

Ademais, os cativos poderán gozar de inchable dende as 11:30 ata ás 13:30 horas.

O acto está organizado pola Asociación Centro Cultural e Social de Baíña e conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Baiona.