Iria Misa

Este venres 20 de outubro ás 20:00h no local do IEM, dará comezo o primeiro trimestre do Ciclo Literario Miñorán co recoñecido talento da escritora Iria Misa, nada en Gondomar.

Misa é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo, onde tamén realizou estudos de posgrao. O acto será presentado por Manuel Bragado, exdirector de Xerais.

O Ciclo Literario Miñorán é un reflexo do compromiso do Grupo de Promoción do Uso do Galego co enriquecemento cultural e a difusión da literatura no Val Miñor.