ALFREDO // Sede IEM en Gondomar

O Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, convídaos a asistir o venres día 15 de marzo, ás 20:30 horas, ao faladoiro do ciclo “Galicia 2017-2020: presente e futuros”, no que intervirá o secretario de política municipal do Partido Socialista de Galicia, Iván Puentes.
 
Moderará a xornada Luís Álvarez Pousa. O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto do municipalismo.
 
A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.