O Consello Local de Esquerda Unida en Nigrán acordou propoñer a José Cuevas como cabeza da candidatura que se presentará ás próximas eleccións municipais. A proposta deberá ser ratificada nunha asemblea de afiliados, simpatizantes e persoas independentes que apoian esta candidatura, na que tamén se aprobará o resto da candidatura e o programa da candidatura.
José Cuevas foi edil de na corporación municipal no grupo municipal de Nigrán Decide durante o mandato de 2015 e é técnico de prevención de riscos laborais e da función administrativa do SERGAS. Ademais, da súa formación de químico, nestes últimos tres anos realizou o grado de Ciencias Políticas e da Administración.
Para José Cuevas, «é necesario na corporación de Nigrán, a presenza dunha oposición crítica e construtiva, que traballe con rigor, en propostas serias e realizables, como nas que no seu día realizou sobre a nova biblioteca de Nigrán ou programa Xantar na Casa, que se levaron a cabo neste mandato. Lamentabelmente, durante este mandato non existiu oposición de ningún tipo ao goberno municipal«, finaliza Cuevas.
