ALFREDO // Sede IEM en Gondomar

José González, voceiro do Partido Popular de Galicia na Comisión de Agricultura, Gandaría e Montes, participará o vindeiro venres 9 de marzo ás 20:30 horas no terceiro faladoiro do ciclo “Galicia 2017-2020: presente e futuros” no que seguiremos a tratar a situación de Galicia respecto das problemáticas do territorio en relación coa Lei de Montes e a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais”.

Moderará a xornada David Reinero, xornalista de Praza Pública.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.