O candidato socialista municipais de maio, Juan González, aposta pola continuidade na súa lista para concurrir ás eleccións do 26 de maio despois de catro anos nos que, «como goberno, traballamos arreo conforme ao ‘Nigrán para todos’ que sempre buscaron conseguir«.

«Teño claro que nos quedan moitas cousas por facer, moitas cousas por facer xunto aos veciños e veciñas. Somos un equipo unido e solvente cun proxecto en marcha dende 2015 que non se pode parar, temos por diante un futuro prometedor e cheo de retos que cumprir «, sinala Juan González, candidato socialista por Nigrán e que, novamente, se compromete «cen por cen» co municipio. «O noso xeito de gobernar e xestionar xa quedou reflexado neste tempo e seguirá así, situando ás persoas por riba de todo. Agora buscamos a maioría suficiente que nos permita axilizar tódolos proxectos que temos en marcha e os que queremos iniciar xa».

Así, nesta lista que concorre as elección do 26 de maio repiten nos mesmos postos Raquel Giráldez Armas, actual teniente de alcalde, concelleira de Facenda, Desenvolvemento Local e Contratación no número 2; Diego García Moreira, concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Persoal no número 3; Rubén Rial Sánchez, concelleiro de Vías, Obras, Limpeza, Servizos Urbanos e Seguridade no número 4; José Luis Sanromán Román, concelleiro de Educación e Deportes no número 6; e Alfonso Vázquez, concelleiro de Sanidade, Relacións Veciñais e Comercio no número 7. Como novidade, incorpórase no número 5 Nuria Lorenzo, veciña de Chandebrito catedrática de Canto, solista e directora coral. Os seguintes postos o conforman persoas tamén moi comprometidas socialmente e que pertencen as filas do PSOE, como as mestras Bibiana Peixoto e Marina Vidal no número 8 e 9 respectivamente. Patricia Diego Travieso Cristina Dosil María Mayán Areal.

«Nigrán está en marcha, un Nigrán para as persoas está en marcha e buscamos a maioría suficiente para poder continuar construíndoo«, sinala González, quen sitúa novamente «a transparencia e participación veciñal como eixo transversal da acción política nos vindeiros catro anos».

Candidatura Socialista:

  1. Juan A. González Pérez. (Alcaldía) San Pedro.
  2. Raquel Giráldez Armas. Panxón. Teniente de Alcalde.
  3. Diego García Moreira. Camos. Concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Persoal.
  4. Rubén Rial Sánchez. Nigrán. Concelleiro de Vías, Obras, Limpeza, Servizos Urbanos e Seguridade.
  5. Nuria Lorenzo López. Chandebrito. Catedrática de Canto.
  6. José Luis Sanromán Román. Priegue. Concelleiro de Educación e Deportes.
  7. Alfonso Vázquez Pérez. Parada. Concelleiro de Sanidade, Relacións Veciñais e Comercio.
  8. Bibiana Peixoto Iglesias. San Pedro – Vilariño. Mestra.
  9. Marina Vidal Lorenzo. Panxón. Mestra.
  10. Patricia Diego Travieso. San Pedro. Perruqueira.
  11. Cristina Dosil Valverde. Parada. Empregada automoción.
  12. María Mayán Areal. Priegue. Auxiliar de enfermaría.
  13. Ladislao Alonso Valverde. San Pedro. Xubilada.
  14. Mariluz Pérez Vidal. Camos. Cociñeira.
  15. José Fernández Rodríguez. Nigrán. Xubilado.
  16. Luciano Iglesias Costas. Chandebrito. Xubilado
  17. Auri Brión Toucedo. Panxón. Ordenanza.
  18. Jesús Costas Grabín. Xubilado. Nigrán
  19. Joaquina Barros Sanromán. Panxón. Secretaria de Alcaldía. Diplomada en Relaciones Laborales.
  20. Rafael Castro de la Cruz. San Pedro. Licenciado en Químicas.