Real Academia Galega // Luísa Villalta

Lucenza – Ateneo de Nigrán organiza este venres 10 de maio, ás 20:00 horas, no auditorio municipal, un acto dedicado á escritora Luisa Villalta, celebrada este ano 2024 nas Letras Galegas.

O acto comezará coa música de Gabri Reigosa e algún outro compoñente dos Dakidarría e seguirá coas intervencións da profesora Camiño Noia e do profesor e músico Xurxo Souto, que farán unha semblanza de Luisa Villalta e da súa obra.

Xurxo Souto acaba de publicar o libro “Somos un pobo de artistas», no que fala da importancia de aprender literatura con música seguindo o método proposto por Luisa Villalta. Cada lugar que visita convértese nun foco de animación, onde se funde o mundo da música e o da poesía, que viaxan man con man no mundo da creatividade galega.