CABE, como marea local dentro do proxecto En Marea, organizou onte unha xuntanza no Centro Cultural de Vincios co voceiro nacional Luis Villares e a  deputada Paula Quinteiro para que coñeceran de primeira mán a situación no  concello de Gondomar tras a vaga de lumes.
Ademáis de visitar algunha das zonas máis afectadas, xuntáronse con representantes de comunidades de montes, comunidades de augas, centros culturias e outras entidades, ademáis de con veciños afectados, “e expuxémoslles, entre outras cosas o abandono e falta de medios que sufrimos durante os lumes, e o desleixo que seguimos a sufrir, unha semana despois, por parte da Xunta de Galicia” afirman dende CABE.
Tamén falamos de iniciativas que se poderían levar a cabo nos próximos días e a máis longo prazo para paliar a situación actual e evitar que algo como o que estamos a sufrir volva ocorrer” finalizan.