O Instituto de Estudos Miñoráns convida a os cidadáns a asistir este venres, ás 20:00 horas, ao terceiro faladoiro do ciclo «Galicia 2017-2020: presente e futuros», no que intervirá o voceiro parlamentario do grupo político con representación no Parlamento Galego, Luis Villares, de En Marea.
O acto será presentado por Antón Araúxo (Tenente Alcalde de Gondomar) e moderará a xornada Xaime Lugilde (Licenciado en Dereito).
O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto de: Sector primario e secundario, Lingua e Cultura Galega, Demografía, Servizos Sociais, Orzamentos e Galicia no Estado Español.
A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.
Este evento será retransmitido por difusión en continuo e poderá seguirse igual e indistintamente dende a web do IEM e Facebook do IEM á hora sinalada coa colaboración de K12 Comunicación.