Luís Villares de En Marea

O próximo xoves día 24 de maio o voceiro Luis Villares e a vicevoceira Ana Seijas  e En Marea visitarán o concello de Oia. 

Ao longo da tarde o Voceiro Luis Villares visitará distintos espazos para coñecer máis de cerca  as principais problemáticas do ámbito municipal e as demandas de diferentes colectivos, acompañado polo concelleiro  Xoán Lois Vila.

Á tardiña, a través dun encontro aberto coa veciñanza, estará no acto de presentación da Marea Local,  Movemento Oia.  O encontro terá lugar o próximo xoves, día  24 de maio, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de Sta. María de Oia (A Riña, 23).