Luis Zahera

A Guarda acolle esta fin de semana a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, un evento gastronómico que congrega a milleiros de persoas no Porto da Guarda que conta con 24 pratos da encabezados pola Langosta, que ten un prezo de 25€.

Contase ademais con como percebes, calamares, croquetas, empanadas, navallas, polbo, entre outros. Para a sobremesa un postre especial, a Rosca de Xema, acompañada tamén dos bos caldos da D.O Rías Baixas.

Na xornada deste sábado día 6 de xullo o grupo O Trebón dos Xidos foron os encargados da amenización musical xunto co grupo pop Os Nenos Rebeldes, que fixeron a súa actuación ao mediodía.

Xa pola tarde os máis cativos gozaron da festa co espectáculo de maxia de Rivel, para dar paso máis tarde á actuación do actor galego Luís Zahera co seu espectáculo «Chungo», recoñecido actor galego que foi premiado este ano co Goya ao Mellor actor de reparto. Moitos galegos o coñecimos como “Petróleo” en Mareas vivas.

Moi notable afluencia de comensais tamén nesta segunda xornada da XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, onde segundo os restauradores da vila, servíronse entre 60kg. e 100kg de Langosta no primeiro día da festa.

Rematou a xornada do sábado coa actuación musical de Vudu, unha proposta musical que mistura sons tradicionais con blues e soul. Belém Trajes, esvocalista de Luar na Lubre, e Maritxinha son as voces deste grupo recoñecido como unha das propostas máis representativas do talento feminino no ámbito da música galega actual. Boa música e boa gastronomía para pechar o penúltimo día desta festa.

A xornada do domingo, arrancará coa amenización musical do grupo O Trebón dos Xidos e posterior pasarrúas musical para nenos coa gamela guardesa. Continuará a xornada cun concerto acústico do grupo Awen. Pola tarde haberá nesta xornada inchables acuáticos para os máis cativos. Tamén pola tarde celebrarase unha actuación infantil de Pako Pakolas co seu espectáculo «Contos, Cores e Rock´n´roll».

E xa para pechar esta XXIX edición, e como ven sendo habitual, celebrarase unha noite de fados coa actuación de Os Meninos, tradición e modernidade no mundo da música portuguesa.