Grandísima acollida da oitava proba de ‘Eureka Reto Rural’. Máis de 300 persoas aceptaron o desafío de EuRural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño para achegarse á historia e patrimonio de Gondomar dun xeito diferente, ameno e divertido.
A través de diferentes probas e retos e con moito tino e imaxinación e da man de Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar, os equipos participantes fixeron un percorrido recuncho a recuncho pola tradición e cultura local.
O equipo ‘Lapandi’ foi o que rematou máis rápido o escape room e o gañador dunha saída en embarcación tradicional ‘Piueiro’ con visita guiada coas redeiras da Guarda e degustación de produtos típicos con sabor a mar. Por outra banda, ‘Las Raras’ foi o equipo gañador do lote de produtos galegos de Alimentación María sorteado polo Concello de Gondomar.
Esta fin de semana cita dobre cos xogos de escapismo no Rosal o venres 12 e en Fornelos de Montes o domingo 14.