Pabellón Municipal de Gondomar.
ALFREDO // Pabellón Municipal de Gondomar

Este sábado celebrouse no pavillón de Gondomar a IV Gala do Deporte, onde o Concello recoñeceu os méritos deportivos dos seus deportistas durante o pasado ano.

No devandito acto, o alcalde Paco Ferreira anunciou que o pavillón de deportes levará o nome do deportista gondomareño Bernabé Costas, nomeamento que para Manifesto Millor é unha “Cacicada”.

“Bernabé Costas ten méritos abondo, como persoa e como deportista, pra lle dar nome a unha Vila Olímpica enteira, máis o que onte fixo Paco Ferreira con Bernabé foi moi triste. Fíxoo partícipe dunha “cacicada” nomeando o Pavillón Municipal e ocultándollo ao resto da Corporación Municipal que ignorábamos semellante iniciativa”, sinaluo Antonio Araújo.

“Eu mesmo”, dice ”que estiven presente na Gala do Deporte sentín vergoña allea. Os actos de honra, por respecto á persoa homenaxeda, deben ser tratados, consensuados e aprobados por unanimidade nun pleno da Corporación Municipal seguindo un protocolo, cousa que Paco Ferreira non fixo pola súa obsesión electoralista”.

Araújo asegura que “tanto Bernabé Costas, como o resto da veciñanza, deben saber que o nome do Pavillón Municipal de Gondomar responde exclusivamente ao interese partidario do Alcalde e do grupo municipal do PSOE”.