O candidato de Manifesto Miñor – En Marea , Suso Recouso, propón en Nigrán un debate aberto que sexa gravado e emitido a través das redes sociais do Concello.
A formación política trasladará esta proposta aos demáis partidos políticos ca fin de realizar un debate que permita á veciñanza coñecer os proxectos de cada organización de forma detallada.
Manifesto Miñor -En Marea, considera que a realización dun debate é un exercicio de calidade democrática e agarda que os demáis partidos apoien esta proposta. Segundo MM-En Marea, debe ser un debate aberto, gravado e emitido en streaming. Ademáis debería permanecer ao alcance de toda a cidadanía na web do Concello.