ALFREDO

«A deriva do Goberno Municipal do Sr. Ferreira a respecto do tratamento que nos últimos anos lle deu á vila de Gondomar, desprezando aos comerciantes e as empresas que prestan servizos nela, negándose a escoitalos ou a atender as súas suxestión, por non falar do escaso apoio encanto a medidas mantidas no tempo que promoven o comercio local, ou  mellorando a mobilidade dentro da Vila e coas parroquias, está a conseguir que a día de hoxe a vila de Gondomar sexa un deserto comercial. Tendas e negocios que pechan cada semana e os que se manteñen abertos é simplemente pola necesidade de seus donos  de aguantar até a xubilación, pero sen relevo xeracional«, comentan desde Manifesto Miñor.

«En MM pensamos que se lle pode dar a volta a esta situación pero, para iso hai que  escoitar a todas as persoas que a día de hoxe aínda teñen un negocio aberto en Gondomar. Comezando por facerlles entender que o comercio local e de proximidade ten futuro se queremos comprar calidade, ter sustentabilidade e mellores prezos. E sobre todo, garantirlles que o Concello vai estar ao seu carón apoiando sen reservas todo tipo de medidas que favorezan esa finalidade«, indican.

«En MM temos propostas que queremos poñer en común con todas estas persoas, e pra falar diso, e sobre todo pra escoitar o seu punto de visto, é polo que organizamos este encontro sobre o futuro do comercio e dos servizos na Vila de Gondomar, o vindeiro martes, día 4 de abril, ás 21:00 horas no Centro Neural», rematan.