CEDIDA

Fai agora xusto un ano que dende a Concellaría de Medio Ambiente, xestionada por aquel entón por MM-EM, púxose en marcha a organización do voluntariado medio ambiental (máis de 100 persoas anotadas) cuxa primeira acción fora a de patrullar os montes do Concello de Gondomar.

Segundo Manifesto Miñor, «os montes de Gondomar arden tradicionalmente no mes de setembro, polo que pedimos o Concello que retomen urxentemente as patrullas de voluntarios medioambientais para patrullar os nosos montes é así evitar incendios«.

«Se isto non se dá, dende MM iniciaremos pola nosa conta as patrullas dos montes en setembro, facendo un chamado á sociedade gondomareña para que colabore con nós», sinalan.