Pasamos á oposición coa satisfación do traballo feito con honestidade»
ALFREDO // Los tres miembros de Manifesto Miñor

Xosé Antón Araúxo Rodríguez, Concelleiro de Manifesto Miñor, reitera que en menos de 15 dias o seu grupo político ven sendo obxecto “dunha planificada denegación de información por parte do rexidor local”, polo que soliticará amparo á Valedora do Pobo pola vulneración do seu dereito ao acceso á información no Concello de Gondomar.

Araúxo indica que primeiro foi no acceso á documentación do último pleno, “onde nos derón acceso, nó último momento, cando xa remataran os plazos legais, e impidiunos que puidesemos estudiar os temas que eran sometidos a pleno. Por tal motivo, estamos en trámite de recurrir a convocatoria, e en consecuencia, dos acordos que no último pleno se adoitaron”.

Agora”, afirma, “volve a acontecer. Trátase do acceso á información e documentación relativa ao polémico acordo de adxudicar o contrato do lixo, a unha empresa que presentou unha oferta, con características de baixa temeraria, segundo a lei de contratos públicos, e que pode ser un foco de problemas legais para o noso concello, con graves consecuencias económicas“.

Solicitamos a documentación o día 2 de novembro, e tería que sernos entregada, como máis tarde, logo de cinco días hábiles. Por tanto o pasado luns cumpriuse o prazo máximo que fixa a lei, e a día de hoxe aínda a alcaldía ten bloqueado o noso acceso á documentación. Onte mesmo presentamos un escrito de queixa no rexistro por este atropello”, explica o Concelleiro de Manifesto Miñor.

Por todo o exposto, expón Araúxo, “vamos solicitar de inmediato, o amparo da Valedora do Pobo, para requira ao rexidor local a que cumpra coa lei, e dea o acceso a documentación, á que como concelleiros temos dereito“.