A Federación Galega de Bolos vai celebrar a IV Gala do deporte, correspondente a tempada 2019.

A mesma terá lugar o vindeiro  01 de decembro (domingo), a partires das 11:30 horas no salón de actos da casa de cultura de Mañufe (Gondomar), sita no barrio de Moreira nº 20.

Durante a mesma, homenaxearase a un total de 19 clubs e 159 xogadores, entregándose un total de 178 diplomas e 95 trofeos a xogadoreses de categorías: pre-benxamín; benxamín; alevín, infantil, cadete, xuvenil, feminina, sénior, veteranos e superveteranos.

Esta tempada foi exitosa para os clubs e xogadores galegos a nivel nacional, conseguindo os primeiros postos en case todos os campionatos nos que participaron.

Están invitados a esta gala, os Alcaldes e Concelleiros de deportes dos Concellos do Val Miñor (Baiona, Gondomar e Nigrán), dirixentes e xogadores dos clubs de bolos adscritos a Federación Galega, así como a todos os aficionados ao mundo dos bolos.