Guillerme Vázquez
Guillerme Vázquez

Dentro da campaña das eleccións xerais 2019, o BNG organiza este martes, ás 20:15 horas, un acto público no Auditorio Municipal de Nigrán coa presenza de Guillerme Vázquez, ex-portavoz nacional do BNG e que pecha a candidatura ao Congreso pola provincia de Pontevedra e Cecilia Pérez, anteriormente portavoz municipal da formación en Redondela e candidata ao Senado.

Introducirá o acto e aos intervenientes, Xavier Rodríguez, que encabeza a candidatura nacionalista nas eleccións municipais, expoñendo a necesidade, tamén para Nigrán, de que o Bloque Nacionalista Galego recupere a representación no Parlamento Español.