Victoriano Rodríguez

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que, tras a Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o pasado 9 de marzo, e coa votación da maioría prevista nos estatutos, procédese a modificar a composición da Xunta Directiva quedando constituída da seguinte maneira.

  • Presidente: D. Victoriano Rodríguez González
  • Secretario: D. Emilio Ernesto Pacheco Cardoso
  • Tesoureira: Dª. Mª José González Lomba
  • Vogal: D. Jose Antonio Uris Guisantes
  • Vogal: Dª. Mª Mercedes Baz Lomba
  • Vogal: D. Aurelio Pereira Gándara
  • Vogal: D. Manuel Barbosa Gómez
  • Vogal: Dª. Pilar Álvarez Rodríguez
  • Vogal: D. Félix Piñeiro Martínez

Aproveitamos para agradecer con moito cariño a Mª Mercedes Baz Lomba (Chiruca) por exercer como Presidenta durante os últimos 7 anos así como pola súa implicación coa Asociación desde os seus inicios.

E dámoslle a benvida por unha banda, a D. Victoriano Rodríguez González, socio dende os inicios da Asociación e vogal da anterior Xunta Directiva, agora como novo presidente da Asociación Érguete Baixo Miño. Pola outra banda, recibimos un novo compoñente D. Félix Piñeyro Martínez quen ven a formar parte da Xunta Directiva como Vogal.

Érguete Baixo Miño segue con moitas forzas para seguir dando apoio contra as condutas aditivas e pola prevención e educación da saúde na nosa Comunidade.