Este sábado e domingo o IEM continúa coa programación da IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.
O IEM convídavos á representación teatral das seguintes obras:
Sábado 26 de xaneiro- 19.30 horas.
- A revirada, representada por A Moura de Chaín.
Domingo 27 de xaneiro- 18.00 horas.
- Cousas da vida, representada por O mellor de cada casa de Viladesuso.
Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns coa colaboración do Concello de Gondomar, no Auditorio Municipal Lois Tobío.