O vindeiro xoves, 1 de agosto, a Praza do Reló da Guarda acolle unha nova acción da Campaña Mulleres en Acción – Violencia Zero, promovida dende a Deputación de Pontevedra e na que colabora o Centro de Información á Muller da Guarda(CIM).

Esta actividade duns 20 minutos de duración, que terá lugar ás 21:00 horas, contará coa representación da peza «Rosa» da artista Nuria Sotelo, unha acción de danza-teatro na que se aborda, a través do movemento da intérprete e da mobilización espacial do público, conceptos sexolóxicos como a intersexualidade, a convivencia entre sexos e os rasgos e modos dos suxeitos, pondo en cuestión xerarquías e preconceptos establecidos.

Nuria Sotelo

Intérprete de danza e teatro, buscadora de linguaxes escénicos e impulsora da Cía. de danza-teatro Licenciada Sotelo.

Ligada á danza dende a súa infancia a través do ballet, continúa coa súa formación en danza contemporánea nas Aulas de danza e Teatro de las Universidades de Santiago de Compostela e Ourense así como en workshops internacionais.