O Concello de Nigrán celebra este luns 23 de abril, ás 18:00 horas, o Día Internacional do Libro cun contacontos-taller no xardín da Biblioteca Municipal.

Dirixido a nenos de 0 a 8 anos e unha duración de 60 minutos, trátase dun contacontos-obradoiro de intelixencia emocional no que utilizando o conto ‘O monstro de cores’, de Anna Llenas, os nenos irán recoñecendo as emocións (alegría, tristeza, medo, rabia, calma e amor) a través de diferentes xogos e dinámicas que desenvolverá Carla Muñoz, responsable da librería de Nigrán especializada en literatura infantil e xuvenil ‘Donde viven los cuentos’.

O mesmo luns pola mañá, o CEIP Carlos Casares de Vilariño e o Concello inaugurarán o mural de Lula Goce pintado na súa fachada con diferentes actividades dirixidas ao alumnado do centro.