Pleno celebrado en Nigrán
ARCHIVO // Imagen de un pleno celebrado en Nigrán.

Nigrán Decide non fará ningunha achega aos orzamentos presentados polo Goberno municipal mentres non se garanta o cumprimento dos acordos, “xa que na reunión de voceiros convocada polo alcalde para falar do orzamento do ano 2018 o rexidor non garantiu que fosen executarse os contidos das achegas presentadas polo noso grupo“.

“Cómpre destacar que ningunha das achegas feitas polo noso grupo municipal aos orzamentos do ano 2016 foi cumprida na súa totalidade, o que nos fai pensar que o goberno pretende, coa nosa participación, poñer a careta de dialogante e negociador para, a continuación, botar ao lixo as nosas suxestións, como leva facendo neste mandato coa maioría das nosas propostas, moitas delas aprobadas por unanimidade do Pleno” explican dende Nigrán Decide.

“Por outro lado, Nigrán Decide necesita, para elaborar propostas con rigor, como é adoito na liña de oposición que estamos levando neste mandato, que o goberno Municipal nos facilite a información solicitada, así como o borrador de orzamentos completo. O Goberno municipal está dando aparencia de transparencia, pero agachando parte da información, para que o noso grupo tome unha decisión errada”, indica José Cuevas, voceiro de Nigrán Decide, para finalizar sinalando que, “se quere negociar propostas co noso grupo municipal, ten que facilitar toda a información solicitada, o borrador de orzamentos completo e garantir o cumprimentos dos acordos aos que puidera chegarse”.