A candidatura que forma parte na coalición electoral «Son En Común» impulsada por Podemos, Anova e Esquerda Unida co obxectivo de acadar representación na Deputación provincial, está formada na súa totalidade por persoas todas elas veciñas de Nigrán, combina experiencia, renovación, solvencia e diversidade.
«Nigrán necesita avanzar cun proxecto de futuro serio como o que ofrece a nosa candidatura», sinala José Cuevas, Candidato á Alcaldía por Nigrán Decide.
A candidatura Nigrán Decide, que se presenta novamente para as eleccións locais no Concello de Nigrán, forma parte na coalición electoral Son En Común, impulsada por Podemos, Anova e Esquerda Unida, co obxectivo de acadar representación na deputación provincial para defender mellor os intereses de Nigrán, presentouse este martes 30 de abril nun acto aberto a toda a veciñanza onde se fixo un balance do traballos do grupo municipal de Nigrán Decide durante este mandato, unha valoración da actuación do goberno actual, así como a exposición dal liñas xerais do programa con que se presenta ás vindeiras eleccións Municipais.
Os homes e mulleres que compoñen a candidatura de Nigrán Decide son todas persoas veciñas de Nigrán, algunhas delas pertencen a estes partidos políticos e a maioría son independentes «pero que nos move traballar xuntos e unidos por Nigrán, sinalándose que forma un equipo de candidatos e candidatas renovado, co compromiso e a capacidade necesaria para gobernar de forma eficaz e responsable o Concello de Nigrán».
Como balance da actuación do grupo municipal de Nigrán Decide durante este mandato sinalouse a introdución en Nigrán dunha nova forma de facer política, «con propostas ben medidas, elaboradas como se estivésemos gobernando».
CANDIDATURA DE NIGRÁN DECIDE
- José Cuevas Raposo. Voceiro do grupo municipal de Nigrán Decide. Técnico da función administrativa; actualmente traballa de técnico de prevención de riscos no SERGAS. Priegue.
- Alba Costas Lorenzo. Mestra. Ramallosa.
- Anxo Mosquera Nogueira. Concelleiro de Nigrán Decide. Técnico superior en actividades físicas e deportivas. Nigrán.
- María Comesaña Valverde. Quiromasaxista. Traballadora do sector da hostalería. Chandebrito.
- Suso Mesías Abril. Traballador do sector da automoción. Camos.
- María do Carme Giráldez Fernández. Licenciada en Filoloxía Hispánica. Profesora do IES Val Miñor. Panxón.
- José Manuel Figueroa Fajo. Traballador do sector da automoción. Camos.
- Patricia Gómez Costas. Traballadora no sector do ensino, implicada no movemento veciñal de Chandebrito e na integración de persoas discapacitadas. Chandebrito.
- Antonio Valverde Valtierra. Traballador do sector da alimentación. Panxón.
- Jacobo Gallego Guisande. Traballador de artes gráficas. Nigrán.
- Susana María Hernaiz Valero. Médica de Atención Primaria. A Ramallosa.
- Gustavo Bodelón Velasco. Profesor de Instituto, xubilado. Panxón.
- Concha González Lista. Técnica superior en administración e finanzas. Nigrán.
- Francisco Travieso Ladra. Emigrante retornado. A Ramallosa.
- Santiago Fraga Rivas. Investigador mariño, xubilado. Panxón.
- Rosa María Vila Collazo. Xubilada. Camos.
- Xosé Manuel García Crego. Técnico editorial, xubilado. Priegue.
- Marisa Fernández Benítez. Xubilada. Camos.
- Jesus Rodríguez González. Técnico en loxística e afeccionado á apicultura. Priegue.
- Betty Mireya León Fong. Catedrática de Universidade de Física aplicada, xubilada. Priegue.