Nigrán recurrirá el expediente sancionador de la Xunta
BANDALLO // Cartel en el río Muiños prohibiendo el baño

A moción presentada polo grupo municipal Nigrán Decide para o establecemento dun plan de control de vertidos foi aprobada por unanimidade en novembro de 2016, “pero o mesmo que ocorreu con outros acordos, o Goberno municipal incumpriu o acordo plenario” afirman dende a formación política.

Dende Nigrán Decide apuntan que “nese plan de vertidos, orientado ao control dos vertidos existentes e á detección de outros novos, establecíase que debería existir un control real e efectivo do mantemento da rede de saneamento por parte do Concello, un programa de vixilancia e de control dos ríos e litoral, no que se inclúa a súa análise, así como de todos aqueles vertidos que hai en Nigrán para detectalos e poder actuar sobre eles”.

Cómpre destacar que o Goberno municipal, escudándose na falta de competencias, non adoptou medidas para detectar novos vertidos, nin adoptou medidas preventivas, mais alá dalgunhas reparacións unha vez detectados os problemas, como aconteceu neste incidente do mes de agosto. A súa actuación parece estar guiada polas casualidades e pola improvisación” sinala o seu voceiro, José Cuevas.

Para Nigrán Decide, a Xunta de Galicia tamén pode ter responsabilidades, “pois é quen xestiona as depuradoras de Nigrán e de Gondomar, polo que no Plan de vertidos proposto por nós, tamén se incluía unha investigación do funcionamento da Estación de Depuración de Augas Residuais de Nigrán, pola súa posible incidencia na contaminación, agora constatada, do Río Muíños”.

Cuevas explica que “o problema da contaminación no litoral de Nigrán é real, tal como con relación ao incidente ocorrido a mediados de agosto recoñece o alcalde, e non se soluciona nin con fotografías, negándoo ou con polémicas absurdas para tratar de desviar o foco do verdadeiro problema e derivar responsabilidades”.

Este grave problema que ten Nigrán soluciónase traballando, cooperando entre todas as partes implicadas, con sinceridade, sen enganos e con propostas en positivo como foi a nosa do Plan de control de vertidos”, sinala o voceiro para continuar indicando que “o lixo non se esconde debaixo da alfombra, pois ao final estalan os problemas como aconteceu este mes de agosto”.