Esta mañá tivo lugar unha concentración e un minuto de silencio diante do Concello de Nigrán en memoria das víctimas do triplo crime machista de Valga e como sinal de rexeitamento a toda violencia de xénero.

O Concello de Nigrán expresa o seu pesar por estes terribles asasinatos e reitera a súa absoluta condena á violencia machista.