balneario
CEDIDA

O Concello de Nigrán informan de que a Deputación Provincial de Pontevedra abriu o prazo para participar en “ Depotermal 2019” nas súas dúas modalidades: asistencia diaria e con pernoita en réxime de pensión completa.

A primeira opción consiste en pasar 5 mañás ou tardes consecutivas dunha mesma semana no balneario Talaso Atlántico de Oia facendo uso das súas instalacións e regresando diariamente a casa en autobús, e a segunda consiste en gozar de estancias de 6 días e 5 noites en balnearios ou hoteis con spa da provincia, en réxime de pensión completa.

Este programa está destinado a persoas nadas antes de 1969, pensionistas, etc.

O prazo para solicitalo termina o 26 de marzo. Os interesados poderán dirixirse (cita previa) aos Servizos Sociais de Nigrán Tel. 986.365.000..