O Concello de Nigrán iniciou esta semana o procedemento aberto e simplificado para contratar a humanización da Praza da Carrasca, Parada, co obxectivo de reordenar o tráfico neste núcleo e dotalo dun pavimento de pedra máis acorde estéticamente coa contorna, xa que actualmente é de asfalto pese a considerarse zona verde.
O investimento contemplado é de 100.000 euros con cargo ao plan Concellos 2018. Unha vez iniciado este expediente, agárdase que as obras poidan comezar unha vez presentadas as ofertas das empresas e adxudicada a obra.
O acondicionamento da praza implica a demolición e levantado do pavimento existente, escavación para poñer o novo firme, colocación de bordillos graníticos e pavimentado mediante adoquíns (13×13 cm) e lousas tamén de pedra (60×40 cm) asentados sobre mortero e base de formigón.