A Consellería de Política Social organiza o programa “Xuntos Polo Nadal”, dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroados nalgún concello de Galicia que valéndose por se mesmas atópense soas nestas datas.

Este programa desenvolverase entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro do 2019. Consiste nunha estancia de 16 días na residencia de tempo libre de Carballiño (Ourense) en réxime de pensión completa con actividades de animación sociocultural.

O prazo para presentar solicitudes termina o 13 de novembro. Os interesados poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán, previa solicitude de cita no teléfono 986.365.000 ( ext 4)