O vindeiro sábado, 20 de xullo a partires das 22:00 horas, celébrase unha nova edición de Noites no Castelo. Un festival organizado dende a Concellería de Festas e Festexos Populares do Concello da Guarda.
Nesta V edición contarase coas actuacións dos grupos de música Batuko Tabanka e Leilía, enchendo de boa música un ano máis este emblemático espazo da vila guardesa, declarado Ben de Interese Cultural(BIC).
Batuko Tabanka (22:00 horas)
Formación integrada por mulleres de orixe caboverdiano afincadas na Mariña lucense. É un grupo de música tradicional de Cabo Verde, no que cantan e tocan o batuko, que é un pano pregado colocado entre as pernas.
Leilía (23:30 horas)
Grupo galego de música tradicional de cantareiras- pandereteiras fundado en 1989 e composto por seis voces femininas, que naceu co propósito de recuperar a tradición oral galega.
Leilía foi un dos primeiros grupos de Galicia que se lanzou a recorrer as aldeas recopilando cancións tradicionais de boca dos anciáns do lugar, e a primeira agrupación de cantareiras que empezou a dar concertos en bares e pubs