Os Terribles de Donas

O concerto de Música tradicional, organizado pola Concellería de Cultura e o Conservatorio Municipal de Música de Gondomar, aprazado polo mal tempo, celebraráse o vindeiro venres 13 de xullo.

O acto terá lugar ás 20:30 horas no Parque das Ánimas e nel actuarán os grupos Terribles de Donas, Tradisón e Cantares do Brión. En caso de mal tempo, trasladaráse ao Auditorio Lois Tobío.