Outro afincado no Val Miñor, o atacante de 20 anos Mintes, que volta ao Clube despois de xogar no Xove Lago de Lugo, ao estar estudando en Burela. Afirma que chega ao Clube «con ganas devolvelo a onde merece, e axudar en todo o que sexa posible».
Segue con nós o polivalente Brais Pazos. Natural de Gondomar, chegou ao noso Clube dende o Gondomar FB, despois tras pasar polo Val Miñor. O xogador de 22 anos, asegura que «decidín quedarme porque é o equipo do meu pobo, e teño moita ilusión por devolvelo a Preferente».