Nuria Vázquez substituirá no pleno que se celebrará o vindeiro 26 de novembro a Begoña González como Concelleira do BNG na Guarda.

Begoña González renuncia ao posto  por razóns de índole persoal que lle impiden adicarlle o tempo necesario.

Nuria Vázquez, diplomada en Educación Social, declarou “síntome ilusionada  de asumir o cargo e procurarei  dar o mellor de min mesma para  contribuír xunto co resto de compañeiras e compañeiros do grupo municipal a traballar pola maioría dos guardeses e guardesas”.

Pola súa parte o portavoz municipal, Anxo Baz, mostrou  o agradecemento  a Begoña polo traballo desenvolto neste período e considera que a entrada de Nuria Vázquez neste momento,  vai axudar a   reforzar o traballo do grupo municipal do BNG.