O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Rio Minho decidiu na reunión do seu Consello Coordinador solicitar, con carácter de urxencia, unha audiencia co ministro da Administración Interna de Portugal, co fin de clarificar as esixencias para cruzar a fronteira cara o país veciño por vía terrestre e sensibilizar o Goberno Portugués sobre o impacto económico e sociocultural que as medidas restritivas carrexan para o cotián transfronteirizo.

Segundo subliñaron os dirixentes do AECT, e na voz do vicedirector Uxío Benítez, “máis que nunca é  imperioso aplicar, con carácter urxente e efectivo”, o acordo  plasmado na última Cimeira Luso-Española, o novo Estatuto do traballador transfronteirizo, así como a  posta en marcha dunha Tarxeta de Cidadanía Transfronteiriza, que poida ser a base do desenvolvemento dun programa-piloto que promova a  simplificación da vida das persoas da raia para que no futuro, se houbese necesidade de volver fechar as fronteiras, estas persoas non volvan a ser afectadas.

No comunicado oficial, o AECT manifesta a súa profunda preocupación perante os novos  condicionantes impostos polo Goberno de Portugal nas fronteiras terrestres a partir deste mércores 1 de decembro como medida de contención da pandemia  Covid-19.

Para este organismo de cooperación territorial, a medida anunciada polo goberno portugués de presentación de resultado negativo de proba  PCR (72h) ou  antíxeno (48h) para entrar en Portugal por vía terrestre ten xerado un ambiente de gran confusión na súa interpretación, alén de contribuír para  destabilizar e  comprimir a dinámica social e  funcional tan  ‘sui  generis’ destes territorios de fronteira, en particular de ambas as marxes do río Miño.

O Consello Coordinador do  AECT Río Miño revelouse sorprendido coa introdución de novas medidas que  condicionan a mobilidade regular nas rexións de fronteira xusto un mes despois dos Gobernos de Portugal e España asinasen un novo Tratado de Amizade e Cooperación, na Cimeira Luso-Española.

Benítez considera que nos despachos do goberno luso a situación das persoas traballadoras transfronteirizas que exercen actividade profesional regular até 30 km da fronteira, así como das traballadoras de servizos esenciais “está  acautelada, bastando a presentación do Certificado Dixital EU, o que xa é un sinal de recoñecemento da  expresiva realidade laboral existente”.

Sen embargo, o representante transfronteirizo subliña a situación preséntase de difícil interpretación para a libre circulación de residentes destas zonas de fronteira. Subliña que a proximidade social entre as poboacións  raianas do río Miño ten como base a” inexistencia de fronteiras e que as súas  rotinas diarias concrétanse, quer dun lado quer do outro da marxe, sen pensar se está en Portugal ou España, mais si por estaren a gozar dun territorio común. Por todo isto insiste na clarificación das esixencias (que serán cambiantes en función da pandemia) e na súa flexibilización no caso da poboación miñota.

Lembra Benítez que tras seis meses de peche (parcial) de fronteiras en 2020 e 2021, divididos en dous períodos, os significativos prexuízos económicos que afectaron as cerca de 13.000 persoas traballadoras transfronteirizos existentes na fronteira do Alto Miño coa Galiza, e os miles de negocios que integran a economía transfronteiriza “nunca foron  ressarcidos polos  respetivos Estados, a pesar das reivindicacións, polo que o  AECT Río Miño defende un réxime de excepción para estes territorios fronteirizos en que a realidade de cooperación e de repartición son un exemplo na Unión Europea”.