O alumnado de 1ºESO  do CPI Cova Terreña de Baiona recibiu no día de hoxe a visita do persoal técnico da Consellería de Sanidade, unha médica e unha enfermeira, que viñeron a formar ao alumnado e a comprobar que están a cumprir o seu compromiso de «sen unha clase sen fume».

Baixo a coordinación de D. David Gayoso, profesor de Educación Física, e coa colaboración das titorías lévase a cabo este programa educativo para a prevención do tabaquismo, dirixido a escolares de 1º da ESO, é dicir, de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco, tendo as comunidades educativas como instrumento indispensable para a execución do proxecto.

Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante, cando menos, 6 meses; reforzar o carácter voluntario da decisión de non fumar; facilitar a presión positiva de grupo xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e unha persoa adulta (titor/a) e reforzar a confianza nun mesmo e nos demais. Para conseguir estes obxectivos emprégase como reclamo a recompensa-premio.

Os obxectivos perseguidos polo alumnado son:

  • evitar o inicio do consumo de tabaco na adolescencia ou, no seu defecto, atrasalo.
  • potenciar as habilidades para manterse como nones fumadores

E agardamos que co apoio deste proxecto e dos seus profesores o consigan.