Esta mañá, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto coa concelleira de Formación e Emprego, Ana Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, acudiron á presentación dos proxectos que están a levar a cabo os alumnos dos obradoiros de turismo e de confección e publicación de páxinas web.

En primeiro lugar o portavoz do obradoiro de turismo detallou o traballo realizado, que comezou coa análise da web actual e da aplicación Turismo.mobi, así como a detección de erros en ambas. En segundo lugar fixeron visitas a empresas tudenses para coñecer as súas necesidades e finalmente tiveron charlas entrevistas con representantes de distintos sectores e eventos da cidade. Dentro dos traballos levados a cabo por este obradoiro, os alumnos e alumnas fixeron unha saída polo Camiño de Santiago en Tui para detectar os puntos fortes e un puntos débiles e as posibles melloras.

Outra das tarefas do obradoiro de turismo foi o análise das distintas rutas xa existentes ademais da creación dunha nova ruta, neste caso escolleron a parroquia de Ribadelouro, xa que percibiron que estaba pouco explotada e ten elementos etnográficos e naturais moi destacables entre os que destacan O Muíño de Vides, o lavadoiro e fonte “A Matanza”, o paso de Betate e o Calvario e o Via Crucis, así coma a Igrexa Parroquial de Santa Columba de Ribadelouro. Están previstas visitas guiadas por esta ruta para dala a coñecer.

Por outra banda, no obradoiro de Confección e Publicacións de Páxinas Web presentaron dúas propostas. Ambas con deseño diferente e estrutura da web pero ambas con elementos comúns como un calendario de eventos, rutas de sendeirismo e polo conxunto histórico de Tui e propostas de aloxamento e gastronomía entre outras. Ambas opcións con sistema responsive, accesible dende calquera dispositivo electrónico.

O concelleiros de turismo, Laureano Alonso e a concelleira de formación e emprego, Ana Núñez, destacaron o bo traballo realizado así como mostraron a súa total dispoñibilidade e apoio ao alumnado. O alcalde, Enrique Cabaleiro, destacou o turismo como un dos valores económicos máis importantes de Tui.