O auditorio m de NIgrán, acollerá este venres, ás 19:00 horas, a proxección do documental galego ‘A viaxe de Ruth’, dos directores Jaime Pardo e Xosé Reigosa, que estarán presentes para un coloquio posterior cos asistentes.

A proxección, que se encadra na programación do Concello polo ‘Mes da Muller’, coincide precisamente coa presenza no Auditorio Municipal ata o 31 de marzo da exposición ‘Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson’. A fotógrafa tomou durante a súa estancia en Galicia unhas 5.500 imaxes, dunha gran calidade, o que a xuízo de moitos entendidos, non ten parangón con ningún traballo da época.

O documental, de 52 minutos e estreado en Lugo en septembro de 2018, narra as viaxes a Galicia da fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson entre 1924 e 1926 por encargo da Hispanic Society of America.

«A viaxe de Ruth» obtivo o primeiro premio ao mellor documental na Semana Internacional do Cine de Autor en Lugo no 2018, sendo este o único certame ao que, polo momento, se presentou e este é a primeira vez que se proxecta fora da provincia de Lugo.