Concello de Nigrán
RUBENS // Concello de Nigrán

O Auditorio Municipal de Nigrán acolle este venres, ás 20:30 horas, a presentación da revista REM Nº 16/17 do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM).

O acto contará coa colaboración e actuación de alumnas do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar e as intervencións de Xulián Maure Rivas, director do IEM; Xosé Lois Vilar Pedreira, Xilberte Manso de la Torre, Víctor Lorenzo, Antonio Soliño Troncoso e José Ramón Ojea Vidal, que farán unha breve presentación das súas colaboracións. Presenta o acto María Lemos Cerqueira.