O IEM presenta no seus faladoiros a Pedro Alonso Iglesias (biólogo), que nos falará este venres as 20:00 horas do seu libro «A Fraga esborrallada», crónicas naturalistas acabalo de dous séculos.
Contaremos coa presenza de Alfredo López e Marta Dacosta. Falarán da xeración que se veu en chamar «explosión naturalista e ecoloxista» dos anos oitenta, os seus logros e fracasos. Crónica dunha xeración e dun tempo de transformación da Galicia rural.
Unha memoria da nosa historia que Pedro Alonso plasma en nove capítulos e trescentas vinte páxinas, unha realidade que nos permite reflexionar sobre o pasado e visualizar un escuro futuro, onde a resistencia convértese en esperanza.
