DGT

Segundo o BNG «no ano 2010 o Partido Popular paralizou desde a Xunta a execución das obras que comunican Tui coa Guarda, o eixo fundamental de comunicación da comarca do Baixo Miño. Tratábase dun tramo de 3kms, dos 15 que faltaban para enlazar Areas con Goián. Desde entón non se avanzou nin un só quilómetro máis no seu desenvolvemento malia que Núñez Feijóo anunciara en 2004 que todo o proxecto estaría rematado en 2008″.

Por esta razón, deputados do BNG preguntaron no mes de xullo de 2025 no Parlamento Galego se o Goberno do Partido Popular prevía licitar os treitos que faltan da AG-42 nesta lexislatura, en referencia aos 12 quilómetros que están sen proxecto. «A contestación chegou en xaneiro de 2026. Nela indicaban que puxeran unha rotonda en funcionamento na AP-9 e estaban rematando de executar o proxecto Areas-Piñeiro, o que deixaron a medio construír en 2010. Pero sen unha soa referencia aos 12 kms polos que se preguntaba«,, indican os nacionalistas.

A comunicación no Baixo Miño é unha débeda histórica que a Xunta ten con esta comarca”, afirman. “Esta actitude de contestar tarde, mal e sen compromiso é a mostra máis clara de que o Partido Popular está mirando cara outro lado e os problemas da nosa comarca non lle interesan”, comentan.

As comarcas costeiras do Eixo Atlántico levan décadas comunicadas coa AP-9 por, polo menos, viais de alta capacidade. Algunhas como o Morrazo, O Salnés, o Barbanza ou Muros-Noia fano a mediante autovía. «Sen embargo, o principal vial de comunicación entre A Guarda e Tui hai que percorrelo aínda atravesando poboacións, como se estivésemos nos anos 80. Cando se trata do Baixo Miño, ao PP gústalle máis o vintage”, finalizan os nacionalistas.