O BNG ven de facer público «o seu asombro» ao descubrir que as obras que realiza a Xunta de Galicia diante do Centro de Saúde da Guarda «carecen de licenza municipal e dos permisos sectoriais correspondentes».

O BNG considera grave que unha administración pública coma a Xunta de Galicia inicie unhas obras sen licenza municipal e sen os permisos sectorias correspondentes e que «o goberno municipal do PSOE, que é coñecedor da obra o consinta».

O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz declara que ”non é fácil de entender que a Xunta faga unha obra clandestina e que o Goberno Municipal do PSOE mire para outro lado sen preocuparse de que se cumpra a legalidade urbanística nin tampouco de que a obra contemple o acceso para ambulancias e persoas con mobilidade reducida. A desidia e a falta de proxecto para A Guarda do Goberno Socialista ponse de manifesto unha vez máis“.