O BNG celebrará este luns, 12 de febreiro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío, o acto publico central da campañas das eleccións galegas en Gondomar.
No acto participará a Portavoz municipal, Manuela Rodríguez, que estará acompañada por Marta Gómez, candidata e Secretaria xeral de Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, e pola candidata e até agora deputada, Carmela González.
Dende o BNG de Gondomar convidan á veciñanza a se achegar e a participar no coloquio arredor das propostas do proxecto de goberno do BNG para unha nova Galiza.
Baixo o nome «Conversa sobre a Galiza que vén», o BNG presenta este encontro como unha oportunidade para falar das múltiples razóns «polas que apostar o vindeiro 18 de febreiro polo cambio galego, un cambio que virá da man dun novo goberno liderado polo BNG e con Ana Pontón como Presidenta».