O BNG chama a asistir a mobilización contra a estafa da luz convocada pola CIG o domingo 3 de outubro ás 12:00 horas na Praza Avelino Vicente (As de Copas) da Guarda.

Galicia é rica en electricidade pero non se beneficia desa riqueza e a factura da luz sobe ano tras ano, grazas a un sistema feito á medida das eléctricas, que teñen beneficios multimillonarios á conta da xente e de explotar os nosos recursos naturais. En 2020, en plena pandemia: Naturgy 490 M€ de beneficios,  Endesa 1.394M€. Iberdrola, 3.610 M€.

Non podemos consentir unha factura eléctrica desbocada que impacta de cheo nas familias e nas pequenas e medianas empresas, que se explica por un marco normativo feito a medida do lobby eléctrico que como recompensa ten en nómina a ex presidentes e ex ministros do PP e do PSOE en Naturgy, Endesa ou Iberdrola.

Para rematar con esta vergoña chamamos a sociedade a participar neste acto de protesta convocado pola CIG.